Comunicación escénica: Habilidades para un/ha orador/a eficaz Obxectivos : ofrecer recursos para a correcta exposición oral, cómo organizar un discurso, a utilización efectiva de xestos, entoación, postura, hábitos incorrectos, imaxe corporal, cómo previr problemas de voz e controlar o medo á exposición utilizando ferramentas para unha comunicación escénica eficaz. Metodoloxía : Seminario de 5 hs, 10hs ou 15 hs, de duración de acordo ás necesidades Dirixido a : Empresarios/as, executivos/as, avogados/as, políticos/as, opositores, congresistas e todas aquelas persoas que necesiten esta asistencia e que pola súa tarefa profesional requiran dominio escénico para transmitir efectivamente a súa mensaxe STORYTELLING - A PERSUASIÓN DO RELATO A dinámica dos tempos modernos impoñen establecer unha feroz economía da atención, na que os receptores deciden como, cando, onde e a quen prestar o seu valioso tempo. Neste contexto os emisores, en cualquera dos ámbitos persoal, laboral o comunitario, deben precisar a súa capacidade de atracción, impacto e persuasión para lograr diferenciarse cunha mensaxe distintiva e persoal. Uns dos recursos que está cobrando moita vixencia no ámbito da empresa actual é o uso dos relatos nas exposiciones orais, tanto en forma de historias ou anécdotas personais ou inventadas como de contos tradicionais onde as figuras arquetípicas realcen o discurso que se quere emitir. A proposta que Axente das palabras quere facer chegar consiste en dos formatos: Exposición demostrativa: para un gran aforo, mostrando as diversas técnicas que ofrece esta arte, con 1h30m - 2hs de duración, idealmente para executivos ou empresarios. Xornada práctica: cun aforo de non máis de 20 persoas onde cada asistente poderá crear un relato que logo aplicará no seu ámbito profesional, interiorizando a técnica e concienciando as habilidades para aplicala, de 4 hs de duración. |
|||
|
|||